miércoles, 30 de diciembre de 2009

ciclo de cine xuvenil e infantil


queremos empezar o ano con unha actividade con vistas ao futuro, un ciclo de cine de curtas para os máis pequenos e que desfruten, tanto elas, eles coma os pais e nais...

todo esto os sábados 2 e 9 de xaneiro, entre as 17 e as 19 horas, de paso, dicirvos que estades todos convidados a pasar e comer palomitas de maíz e velas curtas, que de seguro que todos podemos aproveitar a disfrutar deslas, algunha delas verdadeiras pequenas obras de arte, anque esto é totalmente subxectivo, vos diredes...

comentarvos tamén que xa estamos programando as actividades da asociación para o 2010, se algún de vos ten unha achega que a comente, de momento estamos buscando apoios para poder leva-las a cabo.

como todo remata, tamén esta entrada e mañán faino o ano, coidádevos e se non hai máis até o próximo ano, saúde

sábado, 26 de diciembre de 2009

Bo Nadal e Feliz Ano Novo


Anque pola roupa dos protagonistas ben se ve que non están no inverno, alomenos están brindando... e que se fai nestas festas entre comida e comida? beber. Polo que dende a Asociación de Coveiros convidámosvos a brindar sen deixar de desexarvos un bó Nadal e unha mellor entrada neste 2010.

Xa sabedes, bebede ben, con tino e procurade que a poda que dentro de nada empeza vaia polo bo camiño.

De feito, os novos que andamos a iniciarnos nestas comedias do corta aquí, corta alá, percatámonos de que os bos podadores sodes escultores de seres vivos, unha especie de "semideuses" que procurades crear unha vida a imaxe e semellanza da cepa ideal.

Do mesmo xeito, convidámosvos a todas e todos a aportar o voso coñecemento, as vosas ideas e as vosas inquedanzas nas asembleas e aos membros da directiva, para que dende o mes de xaneiro conseguir que Asociación sexa a cepa que vos queredes, a cepa que vos soñades... que os froitos desta encrucillada sexan os que vos pretendes.

Bo Nadal, coveiros, veciños, visitantes e a todas e todos os que dun xeito ou outro sodes partícipes desta singradura.

Graciñas por todo e Feliz Ano!!

jueves, 12 de noviembre de 2009

Adeus

Dende a directiva e a Asociación de Coveiros de Vilamartín queremos facerlle chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos de Manuel Candal Candal, comprendemos o seu pesar e partellamos do seu sufrimento e da súa perda.

Quede deste xeito reflectido a nosa condolencia e apoio para eles nos momentos máis difíciles. Este é o noso recoñecemento pola perda de quen foi ao longo de moito tempo o representante intitucional do noso concello.

Como veciños que somos, na túa memoria.

miércoles, 11 de noviembre de 2009

Ao carón da cea, sobremesa!!

Esta é a primeira foto que queremos publicar para facer referencia a cea dos coveiros, porque literalmente choramos coa risa entre as mulleres do dúo, ao tempo ver que os Coveiros Maiores teñen humor para dar e repartir... en fin, non me digades que non mereceu a pena.

Sinceramente creo que debemos sentirnos orgullosos de todos os que a pesares dos tempos, teñen vontade de ferro para limpar a cova, abrir e aturar todo o traballo que esto supón, porque todos os coveiros facemos un grande esforzo por manter vivo este espíritu coveiro, pero a algúns é para lle levantar o sombreiro. Por eso o outro día falábamos con razón e o corazón na man, ao ver a capacidade que Vilamartín ten para traballar en unión, para facer grandes cousas das que podemos sentirnos orgullosos, para pular por este noso pobo e por esta cultura. Temos forza e ganas, e eso demostrano-lo a imaxe dos primeiros no traballo, e na festa.

Dende a organización sempre che xurden dúbidas, de se esto irá ben ou se non, de como podemos facer mellor unha ou outra cousa, pequenos detalles que se nos escapan, en fin, mil cousas das e coas que non todos estamos plenamente de acordo, por eso, e agora que empeza o ano novo, agora que poderemos ir pinchando algún cubeto vos pedimos que nos fagades chegar as vosas opinións, de como mellorar as cousas, de como facer para que fora da asociación non quede ninguén.

E de novo, coma sempre, graciñas coveiros e en especial, aos que xa vides de longo.



martes, 6 de octubre de 2009

A vendima e o viño novo

Pois en breve xa teremos viño novo, e anque os vellos do lugar se empeñen en nega-lo, hai cousas que pouco cambiaron a pesares do paso do tempo, os cestos siguen correndo polo carrelo hoxe en día e de xeito parecido ao que acontecía no ano 32, o oito de de outubro para máis señas... parece incríbel que setenta e sete anos máis tarde poideramos facer unha foto tan semellante.

Este ano a vendima adiantouse por culpa destas cousas do clima, a nós obrigounos a retrasar no cambio de directiva, e o que son as coincidencias, a renovación será parella a do viño, esperamos que aconteza o mesmo que se lle preve á colleita deste ano, mellorar a do pasado xa que a calidade da uva foi moi boa.

Temos, anque pareza fachendoso deci-lo, calidade na base da asociación para facer unha boa directiva, polo que esperamos que pase o mesmo que nas adegas, covas e demáis, que ferva a cousa despaciño e con bó tino, que as modificacións da directiva produzan a entrada de novas sensibilidades, novas ideas, en definitiva, facer que a asociación medre en ideas, proxectos e feitos. Xa que a asociación somos todas e todos...

Saúde e viño novo!

jueves, 20 de agosto de 2009


Pois un pouco así foi como nos sentimos hai quince días, despois de ter presentado os resultados da XIII Ruta das Covas.

Mirando a montaña despois de te-la subido e coronado, porque temos as imaxes impresas na memoria un chisco borrosas da fatiga, ogalla fora nublosidade enolóxica, pero é de estar a mil e unha cousas nun harén de pequenos problemas, imprevistos e cousas coas que xa contabas.

Porque o que algunha vez argalla algo sabe que hai un plan, unha previsión e mil variábeis coas que un non pode contar. Xa que se o fas, toleas ou sinxelamente non organizas.

Subimos a montaña e agora hai case un ano para poder elaborar o que desta volta se tivo que facer en menos de mes e medio... e esto é unha tranquilidade para quen asuma o reto.

Dende os que afrontamos a creación da asociación de coveiros temos un par de cousiñas claras e moitas nas que debemos incidir para o ano que ven, eso xa o sabedes os coveiros porque o falamos con vos na xuntanza, da que particularmente cada un de nós (organizadores) saeu sorprendido gratamente pola vosa diposición... non é un tópico, é unha mostra sincera de agradecemento para vós, que sabendo que cometemos moitos erros nos mostrástedes confianza e entrega.

A mellor mostra de confianza é que case todos aceptades entrar na asociación. Sede polo tanto benvidos a esta vosa asociación, pensade en quen credes que debe de estar a fronte da asociación para propoñer nomes e entren na directiva e levar a sociación a bó porto.

Coma sempre, grazas coveiros, de corazón.

saúde e viño do voso

Por certo cantas covas collerían no everest?

martes, 4 de agosto de 2009

Graciñas coveiros


Fonte da fotografía: http://www.laregion.es/galeria/457/10215

Para min foi unha pena non poder sacar máis fotos, pero esta, prestada polos de La Región pode ser un dos bos exemplos de Coveiros Maiores do Reino do Viño. Por eso os queremos poñer aquí, porque eles teñen vontade, gústalles e traballano duro...

Cando de víspera subía apañando algo cara a sardiñada do venres, atopeime con eles os dous que viñan de amañar e limpar a cova, cheios de pó como uns nazarenos. Dende a directiva da Asociación de Coveiros dámonos conta do traballo que conleva, porque tamén estivemos na outra beira poñendo viños. Fumos coveiros antes que organizadores.

Por eso o esforzo principal está guiado a agradecervos o traballo, tentar que quededes o maís contentos posíbel e sobretodo, que vos animedes a entrar na Asociación de Coveiros.

Tedes a porta aberta e queremos contar convosco dentro da asociación, porque hai que guiar a esta chalana, entre todos porque é para todos.

Graciñas a todos polo traballo, aos coveiros en especial, aos que viñestes e aos membros de Penasdauga que este ano abriron a cova, cando de boa tinta sabemos que vos apetece desfrutar plenamente da festa.

Tamén decirvos que o Venres desta semana queremos ter unha reunión cos coveiros, esperamos estar os máis posíbeis para poder analizar o resultado da Ruta das Covas, procurar mellorar o que se fixo, porque é mellorábel, rendir contas da organización e contestar as preguntas que estean no aire.

Gaciñas de corazón.

Saúde e que non se torza o tempo, que en mes e medio haberá que ir vendimando.

sábado, 1 de agosto de 2009

pois é o que hai!!!



Tal como decían os de Quempallou, "que chova, que chova, a cachón, pero que non mexen por nós".

Pois nesas andamos, mira que lle puxemos as velas ao San Pemán Bendito e ao final aínda nos vai de facer caso, co carallo da choiva pola mañá aínda nos meteu un bó susto.

Agora sae o sol, asi que todos a soplar con forza e que as nubes volten ao mar... ou que carallo! imos nós ter medo da auga!!

En fin.. entre rezos beatos, ofrecementos varios, iluminarias e vírgenes por encargo, ateos consellos e demáis monsergas sairán correndo as choivas.

Fora coña, agradecervos coveiros o traballo, de antemán, no momento e despois... graciñas de corazón dende a Asociación

A suxerencia sonora do día:
http://www.goear.com/listen/e075f4c/Quen-te%C3%B1a-vi%C3%B1o-quempallou

Saúde,bo viño e boa ruta

jueves, 30 de julio de 2009

pois disque mañá hai isto


as mulleres rurais tal como fixeron o ano pasado andan a voltas coas sardiñas, xa sabedes, traede un euro para o bono axuda, un sorriso e moitas gañas de leria para ir quentando motores para a Festa das Covas, que ao fin e ao remate os que esteamos metidos no cubo non teremos máis remedio que desfrutar mañá, xa que pasado é día de garabullos.

por certo, hai unha sorpresa para mañá, polo que até que non saia a luz, viviremos na luz do candil no fondo do cubo.

pois o dito, saúde, viño, sardiñas e queimada!!

miércoles, 29 de julio de 2009

si, sabemos que esto non é unha cova


pero as cousa están ao "roxo vivo", xa falta pouco para o bautismo de lume, nunca mellor dito...

cantas veces saltamos a fogueira do lume novo de San Xoán? si, creo que as suficientes para espantar aos meigallos, males de ollo e demais berberechadas.

en coarenta e oito horas estaremos a lle tomar a queimada das mulleres rurais "Cima de Vila", que o venres fan sardiñada!! bendecindo a gorxa con esa auga bendita que elas nos dan, para que se afine a voz e poder decir ao día seguinte sen que esta temble "benvidos a Rutas das Covas, pasade, desfrutade e bebede o bo viño desta vila."

ante todo moita calma aínda que queime o reloxo, xa falta menos...

que todo vaia ben e grazas a todas polo apoio, aos e ás coarenta e tres valientes que abrides a cova, e tamén, aos que por unha ou outra razón este ano non podedes empuxando co voso alento.

saúde e viño, e o venres, sardiñas con pan e augardente no peito!

miércoles, 22 de julio de 2009

-pousa a cámara no chan, controla que non se mova, que hai moi pouca luz ho! que vai sair toda movida!

-ti cala e bebe, a ver que che parece o que saeu este ano.

-bueno, está ben... pero é mellor o meu.

-macho, non me toques que me moves! aínda por riba de moverme a foto andas a (...) con que a túa purrela é mellor viño que o meu.

Quen vive e desfruta das covas é sabedor das conversas típicas de catador subterráneo, de fino sumiller que en Vilamartín chamaríamos bebedor, ou vicioso que non para de mandarlle ao xarro coa escusa de que é cuestión do traballo.

Quen nunca estivo no cubo, pensará que esta foto é a dun pozo mais, está feito de abaixo arriba e de arriba abaixo até atoparse, pois como vimos decindo sempre, as covas son un punto de encontro.

Pois iso, vide, bebede e desfrutade o día un de agosto. Saúde.

lunes, 13 de julio de 2009

XA TEMOS CARTEL!


pois si amiguiños, aínda que puidera parecer non estabamos mortos, só lixeiramente liados, que se nos ven o día encima e non hai problema que todo avanza con vento... en popa? pois non che sei que somos de interior, a cuestión é a que nos ocupa, TEMOS CARTEL!!

en fin que a ver se a partires de agora nos conectamos máis, xa que o apuro gordo vai pasando.

saúde e viño.

lunes, 29 de junio de 2009

que andarán argallando estes catro?


pois esto é o que pretendemos, que argalledes...

pensade que se pode aportar a ruta das covas, pensade e dádelle voltas a cabeza, porque nestas andamos, a un mes da festa e o básico está feito ou facéndose... pero faltan moitas cousas para se podemos mellorar a festa.

a ver se a noitiña nos xuntamos tres ou catro en cada cova e propoñemos algo na próxima reunión da asociación, quizais a final da semana, porque esto parece unha contrareloxo do tour... larga, dura e a pé chapa.

seguindo coa terminoloxía ciclística, non vale chupar roda que hai que buscar a escapada, xa sabemos que falta moi pouco tempo e que as oportunidades son escasas para innovar, pero se forzamos a maquinaria teremos resultados... veña pensade que até que se cruce a meta hai tempo de saltar do paquete.

se tedes ideas ou contactosd para colaborar xa sabedes covasdevilamartin@gmail.com
que aquí a porta témo-la aberta pasade e tomade un viño

saúdos e boa ruta

miércoles, 24 de junio de 2009

de cando é esta foto?


os tempos cambian, e por sorte non todo muda co paso do reloxo... para mostra este botón.

de seguro que no primeiro día do mes de agosto moitos poderemos facer unha foto coma esta, coa xarra botando na cunca e o pito con deixadez pendurado da boca, algún coa ledicia en forma de viño bulindo no corpo e todos con gañas de troula...

a festa é a mesma, no agosto con máis xente e no inverno máis recollidos, sempre botando da xarra e bebendo viño.

vide e bebede, facede festa e cantade, deixade que o viño afine a gorxa para botarlle unha leria e unha cantada. porque nas covas está prohibido face-la á calada, aquí vense a falar, berrar, discutir e cantar, deixar a vergoña a un lado e rescatar as pezas musicais que se esconden na memoria.

saúde e bo viño.

sábado, 20 de junio de 2009

Hoxe botamos a andar no internete



a paso de zanfona, sen facer moito ruído e sen pausa, ao tran tran que lle chaman, tal como fai o tractor ao arar as viñas e do mesmo xeito que fixo o cabalo ou os bois noutros días.

queremos chegarvos e que veñades, que sintades este patrimonio noso como voso, que vexades as covas como o que son, testemuños da historia e activo do presente que precisa do apoio e coidado.

convidámosvos a vir e colaborar, convidámosvos a tod@s a que sentedes a tomar un viño, que baixedes polo caño e até o fondo do cubo, miredes ao ceo lousado destas pequenas cúpulas que son verdadeiros templos do viño.

saúde e camiño,